Articles
30 días
D'AVUI.cat
Intúo neste primeiro mes de Feijóo á fronte da Xunta dúas etapas un tanto contraditorias, -sospeito que por mor da campaña electoral europea-. En primeiro, o presidente da Xunta de Galicia fixo unha política de manual: diálogo social e ofertas de consenso para case todo (paro, reforma do estatuto...) Ao mesmo tempo, ía apagando os lumes acesos durante a campaña electoral en asuntos tan sensibles como a xa de seu vacilante normalización lingüística.
A derrogación do decreto do ensino en galego quedou aparcada para o curso 2010/2011 e o nomeamento de galeguistas á fronte da política lingüística e da promoción cultural apuntaba maneiras realmente de centro e de conciencia de país coas que poucos contaban. A xenreira dos ultras inimigos do galego ante tales nomeamentos era a mellor proba de que retomar o consenso lingüístico pasaba de ser un imposible a converterse en difícil simplemente. No ámbito económico os xestos a prol dos sectores lácteo e da automoción transformáronse axiña en axudas financeiras ben recibidas.
A oposición entre tanto lambía as feridas da derrota do 1-M. Nun apresurado congreso, o PSdeG-PSOE puña no sitio de Touriño ao candidato de Pepiño Blanco. Pouco despois, o BNG tiña que elixir entre tres candidaturas ao sucesor de Quintana. O Congreso do PP, en cambio, foi unha pura loa do indiscutible Feijóo que este aproveitou para conformar unha dirección á súa medida.
Porén, a canda a tensión preelectoral xorden os problemas. No intento de pacto do novo xefe da RTVG, o PP caeu como un novato nas mañas do PSOE. Tamén eliminaron a obriga de examinarse en galego para os funcionarios; algo que ha caer ben en Madrid pero que fixo que os sindicatos abandonen a mesa da función pública en sinal de protesta. Porriba, o endémico localismo galego desluciu a creación de “superdelegados” da Xunta nas principais cidades coa fea guerra aberta entre Pontevedra e Vigo. E no medio de todo, Galicia Bilíngüe eríxese en voceira de tódolos votantes do PP sen ser desautorizada.
PER LLEGIR LA VERSIÓ EN CATALÀ CLIQUEU AQUÍ

Notícies relacionades
Escriure un comentari
Identificar-me.
Si ja sou usuari verificat, us heu d'identificar.
Vull ser usuari verificat.
Per escriure un comentari cal ser usuari verificat.
Nota: Per aportar comentaris al web és indispensable ser usuari verificat i acceptar les Normes de Participació.